Feria de Economía Social | A Coruña, 29 e 30 de setembro

A Concellería de Emprego e Economía do Concello da Coruña organiza os días 29 e 30 de setembro a FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL no Campo da Leña (Praza de España).

 

Feira Economia SocialA partir do venres 29 de setembro ás 17 h. a Feira estará aberta. Contará con distintos espazos:

  • Ágora : espazo informativo, con actividades divulgativas e profesionais
  • Entidades expositoras nos sectores : Cultura – Servizos – Alimentación – Construcción – Consumo –  Asociacións solidarias
  • Charlas sobre cooperativismo, comercio xusto, consumo, economía social, cláusulas sociais…
  • Documentais
  • Actuacións lúdicas
  • Espazo infantil : xogos, modelaxe, elaboración de queixos, moda sostible…

Unha feira que procura poñer en valor a Economía Social, na que todo xira ao redor deste sector. O que nos ofrecerá esta iniciativa ven da man das entidades de economía social, amosando que moitas das necesidades e moitos ámbitos poden organizarse desde unha economía con valores.

Aesgal é entidade colaboradora da Feira de Economía Social da Coruña, xunto a Espazocoop, REAS Galicia, Agaca, Cegasal e Zocamiñoca.

CARTEL

PROGRAMA

 

+ noticias >>