Xornadas "Ser laboral e ser mercantil"

Estas xornadas farán fincapé nas posibles transformacións de empresas mercantís en sociedades laborais no marco da nova Lei de sociedades laborais e participadas.

AESGAL organiza as xornadas "Ser laboral e ser mercantil" que pretenden respostar ás necesidades tanto das sociedades laborais coma ás empresas mercantís que non son laborais pero que sí son propiedade dos seus traballadores.

A xornada incluirá explicacións ás sociedades laborais sobre as principais modificacións que será obrigatorio incluir nos estatutos, pero tamén orientará ás sociedades mercantís baixo outras formulas xurídicas sobre os pasos necesarios e os requisitos para ser unha sociedade laboral.

Para facer a xornada o máis interesante posible incluirase logo un apartado de networking, no que as empresas asistentes poderán intercambiar información comercial para fomentar futuras colaboracións na contorna da economía social.

As xornadas se celebrarán en A Coruña o 22 de setembro e en Vigo o 27 de setembro.

As inscricións realizarnase aquí.

 

 

xornada coruña ser lab ser mercPrograma Xornada Vigo Ser Laboral Ser mercantil

 

Estas xornadas contan co financiamento da Xunta de Galicia, dentro das actividades de promoción da economía social a través da Rede Eusumo.

+ noticias >>