Xornadas de presentación Lei 44/2015 de sociedades laborais e participadas

A Secretaría Xeral de Emprego, coa colaboración de AESGAL, organiza catro xornadas dirixidas fundamentalmente a persoas emprendedoras e ao persoal técnico que as asesora

Abordarase a nova Lei de sociedades laborais e participadas  dende o punto de vista das persoas emprendedoras e dende a perspectiva xurídica, co fin de dar unha explicación completa das novidades e do que supoñen para esta fórmula empresarial.

As xornadas desenvolveranse entre os días 30 de maio e 8 de xuño nas localidades de Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense, e son gratuitas.

A inscrición deberá facerse neste formulario.

Para resolver calquera dúbida, podes contactar con AESGAL no teléfono 981 553 406.

 

 

+ noticias >>