Incentivos autoemprego - Sistema de Garantía Xuvenil

Trátase de axudas a sociedades laborais e cooperativas que incorporen coma socias a persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.

No día 28 de agosto saíron publicadas no DOG os programas de incentivos ao autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Recollemos un resumo dos mesmos no que afecta ás sociedades laborais.

Prazo de presentación: 27/08 - 30/09/2015

Link orde completa e aplicación de solicitude

Programa de incorporación a cooperativas e sociedades laborais:

Beneficiarias: sociedades laborais que incorporen a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia coma socias traballadoras.

Dous tipos de axuda:

Incorporación de persoas mozas:

- Por incorporación (a xornada completa):

  • Con carácter xeral, a subvención e de 12.000 € por persoa incorporada, ata un máximo de 48.000 € por empresa beneficiaria.
  • Se a sociedade laboral ten menos de dous anos de actividade (nova creación), a subvención por persoa incorporada será de 15.000 € e o límite máximo de 60.000 €.

- Por incorporación a proba (esta opción só aplica ás sociedades laborais se así o solicitan expresamente):

o   600 € ao mes por un período entre 6 e 12 meses, ata un máximo de 14.400 euros por entidade beneficiaria.

Requisitos para as persoas mozas:

- Estar inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

- Estar desempregada na data da súa incorporación e non ter traballado nos trinta días anteriores á data da incorporación.

As incorporacións deben supoñer incremento do cadro de persoal fixo e incremento do emprego neto na empresa no ámbito territorial galego.

A empresa deben acreditar a viabilidade do seu proxecto empresarial mediante memoria técnica ou plan de empresa.

Microcréditos:

As sociedades laborais de nova creación que realicen estas incorporacións poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100% do seu custo, cun máximo de 2.000 € por persoa incorporada e 6.000 € por entidade beneficiaria.

+ noticias >>