O Ministerio de Emprego anuncia novas medidas para a incorporación de mozos ás sociedades laborais

A Ministra anunciou que dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Mozo (EEEJ), está previsto no primeiro semestre do ano incluir medidas de fomento da incorporación de persoas menores de 25 años coma socios a sociedades laborais e cooperativas.

O pasado 20 de xaneiro a Ministra de Emprego anunciou futuras medidas para fomentar a incorporación de menores de 25 anos ao mercado laboral, tales coma o incentivo á contratación a tempo parcial con vinculación formativa, que tería unha reducción de ata o 100% da cota empresarial á Seguridade Social durante o primeiro ano; o programa Primeiro Emprego que premiará ás empresas que transformen en indefinidos contratos eventuais cunha bonificación na cota empresarial á Seguridade Social de 500 euros ao ano durante tres anos, e 700 se se trata de mulleres.

Pero a medida que nos afecta trataríase de incentivos para a incorporación de persoas novas, menores de 25 anos, ás cooperativas e sociedades laborais en calidade de socias traballadoras, ainda que non se precisa en qué consistirán estes incentivos.

+ noticias >>