A sociedade laboral é un modelo empresarial con primacía das persoas e o fin social sobre o capital, cunha xestión transparente, democrática e participativa, que leva a priorizar a toma de decisión en función das persoas e o que teñen en común.
> Coma empresarios/as, aportamos capital nun Proxecto empresarial xerador de riqueza.
> Coma traballadores/as percibimos unha renda en compensación ao noso traballo.
A condición de persoa socia traballadora das integrantes nunha sociedade laboral fai que sexa un modelo empresarial vinculado ao desenvolvemento local, contribuíndo polo tanto a manter a cohesión social no seu contorno.
A sociedade laboral é un modelo empresarial de persoas empresarias asalariadas que ten coma principio incorporar ao maior número posible de persoas a esa dobre condición de empresaria e traballadora. Iso supón que a sociedade laboral é xeradora de emprego estable e de calidade.
Ao ser unha sociedade de persoas "asalariadas" as súas integrantes son cotizantes ao réxime xeral de seguridade social, adquirindo por tanto todos os dereitos que este réxime supón, e contribuíndo á súa vez á sustentabilidade do sistema de seguridade social, cunhas achegas equitativas.